Convocada para o 17 de novembro a repetición das eleccións municipais na mesa electoral de Burela onde foron anuladas as do 26M. Aínda que esta nova votación non porá en cuestión a alcaldía do socialista Alfredo Llano, a súa demora si está a dificultar a actividade cotiá do Concello.
