Anxo Quintela logra o Premio Nacional de Xornalismo Cultural que concede o Ministerio de Cultura. O xurado destaca a "traxectoria" do xornalista da Radio Galega en "múltiples campos do xornalismo cultural en lingua galega".

Anxo Quintela logra o Premio Nacional de Xornalismo Cultural que concede o Ministerio de Cultura. O xurado destaca a "traxectoria" do xornalista da Radio Galega en "múltiples campos do xornalismo cultural en lingua galega".
O Supremo dá luz verde á exhumación de Franco do Valle de los Caídos e o traslado dos restos do ditador ao cemiterio proposto polo Goberno de España, no barrio madrileño de El Pardo. Na imaxe, tirada do No-Do, Francisco Franco na inauguración do mausoleo en Cuelgamuros.
En liberdade con cargos dúas das nove persoas detidas en Catalunya ás que a Audiencia Nacional atribúe delitos como terrorismo ou rebelión. A Fiscalía di ter a "certeza" de que preparaban accións violentas. Diversas mobilizacións rexeitaron estas detencións no serán do luns.
Convocada para o 17 de novembro a repetición das eleccións municipais na mesa electoral de Burela onde foron anuladas as do 26M. Aínda que esta nova votación non porá en cuestión a alcaldía do socialista Alfredo Llano, a súa demora si está a dificultar a actividade cotiá do Concello.
CCOO pide o arquivo da causa aberta contra varios sindicalistas e deputados galegos tras participar nunha mobilización por Alcoa. O secretario xeral do sindicato amosou o seu apoio e Comisións acusa de "ineptitude" aos organizadores do dispositivo policial.
O Banco Santander pecha este luns 26 das súas sucursais en Galicia. Son só unha parte das 135 oficinas da entidade que desaparecerán no noso país ao abeiro do ERE presentado o pasado mes de maio. O número de sucursais bancarias en Galicia reduciuse á metade na última década
ENQUISA | O PSOE manteríase como primeira forza nas novas xerais, pero podería perder escanos nun 10N que deixaría o PP como forza que máis medra, segundo unha enquisa de Ipsos para cabeceiras como 20 Minutos, que tamén augura perdas para Ciudadanos e Vox e abre a porta a un lixeiro crecemento de Unidas Podemos, pero non ten en conta a participación do partido de Íñigo Errejón.
Quebra o xigante turístico británico Thomas Cook e o Reino Unido vese obrigado a unha repatriación masiva de pasaxeiros por todo o mundo. O Ministerio de Industria e Turismo asegura que está a avaliar o impacto na industria turística española da caída desta compañía, a máis antiga do sector no Reino Unido.
Dúas das principais empresas de traballo temporal inchan as súas cifras de absentismo con permisos por maternidade, permisos familiares e pausas promovidas polas empresas. Unha información de Laura Olías para eldiario.es
Más Madrid anuncia que se presentará ás eleccións xerais do 10 de novembro, con Íñigo Errejón probablemente encabezando a súa lista. Nos vindeiros a formación decidirá se concorre noutras circunscricións e se establece algunha alianza con outros partidos, como podería ser o caso de Compromís.