En liberdade con cargos dúas das nove persoas detidas en Catalunya ás que a Audiencia Nacional atribúe delitos como terrorismo ou rebelión. A Fiscalía di ter a "certeza" de que preparaban accións violentas. Diversas mobilizacións rexeitaron estas detencións no serán do luns.
