ENQUISA | Outro inquérito augura que o PP será o gran beneficiado da repetición das xerais achegándose aos 100 escanos a costa de Ciudadanos e Vox mentres o PSOE podería perder dous. Segundo GAD3 para ABC, o partido de Errejón entraría no Congreso con 9 escanos, case os mesmos que perderían Unidas Podemos e os socialistas. Os pactos seguirían sendo imprescindibles e mesmo máis complexos para gobernar.
