Catro armadores admiten unha fraude fiscal no porto de Marín. Cóntao El País
Fálase
Media Markt incorpora na súa campaña publicitaria máis recente un guiñol que loce unha camisola co lema "Keep calm and speak galego". Medios como Libertad Digital ou La Voz Libre interpretan que "Media Markt cuela a un nacionalista gallego en su publicidad"
O Goberno estuda fomentar o uso de plans de pensións privados. A directora xeral de Seguros e Fondos de Pensións asegura que o Executivo está pensando en reducir comisións para estes produtos.
A Executiva Nacional de Esquerda Unida inicia un expediente sancionador contra Carmen Iglesias, candidata número 2 de AGE por Ourense, ao non obter resposta ao burofax que lle foi remitido e no que EU sinalaba que as decisións sobre cargos públicos "son exclusiva competencia da organización e non das persoas que ostentan ou poden ostentar os mesmos”
Feijóo anuncia en Madrid que o Estado recorrerá a sentenza do Prestige para determinar "quen paga" e abrir así "vías en responsabilidade civil". Díxoo nunha conferencia organizada por ABC na que asegurou que "o problema" territorial do Estado non é "quen a ten máis grande; a bandeira, claro".
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregou no rexistro da Xunta 482 sinaturas de persoas da cultura galega que esixen a retirada da LOMCE No acto participaron, entre outros, Agustín Fernández Paz, Xabier Docampo ou Suso de Toro.
O blog Poligraficos analiza o déficit de tarifa instaurado polo goberno de José María Aznar en 2000 e que cualifica de "estafa" e como "o maior escándalo da democracia española". Denuncia, así mesmo, que a recente reforma eléctrica "afianza o réxime monopolista do mercado eléctrico español".
Manuel Fernández de Sousa reclámalle a Pescanova unha indemnización de 663.199 euros por suposto despedimento improcedente. O empresario presentou a súa dimisión como presidente en xullo, tras coñecerse o informe forense realizado por KPMG para determinar a situación da compañía.
A selección de fútbol de Gibraltar ultima un acordo para xogar a súa primeira fase de clasificación da Eurocopa no estadio portugués do Algarve. Segundo informa A Bola, a elección de Portugal realízase para evitar os "problemas xeopolíticos" que implicaría tentar disputar os encontros nun campo español.
Gallardón di que a reforma do aborto aprobarase neste ano. Asegura que é "inminente" e que o proxecto está "extraordinariamente avanzado".