A Asemblea Xeral da ONU vota hoxe para recoñecer Palestina como estado observador. Ás tres da tarde coñecerase o resultado da votación, que contará cun respaldo maioritario de cando menos 140 dos 193 membros. Opóñense Israel e Estados Unidos, mentres que o Reino Unido se absterá e España e Francia votarán a favor. Alemaña dubida entre o voto en contra e a abstención.
