Crean unha porra, a través de twitter, para adiviñar que nivel acadará a prima de risco no hipotético caso de que España sexa intervida
Fálase
El Economista especula coas consecuencias inmediatas dunha intervención en España: suba do IVE e medio millón de funcionarios menos
Cae a noite en Vigo e milleiros e milleiros de persoas enchen Praza América. Vai ser unha noite moi longa e moi merecida
Galicia é de Primeira!
O Deportivo felicita o Celta na súa páxina web. A través dun e-mail Lendoiro expresoulle "a nosa sinceira e agarimosa noraboa" por este novo éxito do fútbol galego
Vigo xa celebra o ascenso do Celta. A festa continúa en Balaídos mentres se enche praza América.
Remata o primeiro tempo en Balaídos. Celta 0 - Córdoba 0. Nin un remate a porta, nin un saque de esquina e tan só unha falta. Ningún dos dous equipos arrisca. No Madrigal, Villarreal B e Deportivo tamén empatan sen goles. O Valladolid iguala 1-1 co Guadalajara.
O Alondras perde pola mínima en Santander ante o Racing B (1-0) e terá que remontar na volta para seguir na loita polo ascenso a Segunda B.
Balaídos, ateigado, agarda o ascenso do seu equipo a Primeira División.
O Alondras perde 1-0 no Sardinero ante o Racing de Santander B, cando está a pique de rematar o partido