Xa temos palabra do ano! Cun 48 por cento dos apoios, afouteza foi a escollida na votación organizada polo Portal das Palabras, na que participaron 6.228 persoas, superando a independencia e sapoconcho
Fálase
O despregamento policial extraordinario en Catalunya remata o día 30. Os efectivos de Policía e Garda Civil foron enviados polo Goberno de España como resposta ao proceso soberanista e estiveron aloxados maioritariamente en barcos no porto de Barcelona.
A alcaldesa de Lugo sométese este mércores a unha cuestión de confianza ligada aos Orzamentos de 2018. De non ser aprobada, abriríase un prazo dun mes para a presentación dunha eventual moción de censura e, se non fose rexistrada, as contas quedarían aprobadas. O PP di estar disposto a "calquera negociación" para tombar o goberno de Lara Méndez, aínda que para a operación sería imprescindible algún voto das forzas de esquerda.
As construtoras realizan as probas de carga da ampliación da ponte de Rande en pleno temporal. Estas probas, que recolle Faro de Vigo, foron realizadas a pasada noite co visto e prace do Ministerio de Fomento. Audasa acelerou o remate destes carrís adicionais para poder cobrar máis peaxe por eles dende o 1 de xaneiro. Está previsto que as obras sexan inauguradas por Rajoy a fin de semana.
O Goberno de Rajoy expulsa seis partidos do pacto antixihadista por non o asinaren e seren só observadores. Cóntao eldiario.es
O Deportivo abre expediente a unha das súas xogadoras pola publicación no seu Instagram "dunha 'historia' de festa cunhas amigas e o texto "celebrando a vitoria do Celta" no derbi do pasado sábado, no que o primeiro equipo masculino caeu por 1-3 fronte aos vigueses. O club coruñés informou ao respecto neste comunicado.
VÍDEO | #ABancadaEnPé: A Federación Galega de Balonmán anima con este vídeo a participación das seleccións galegas infantís, cadetes e xuvenís no Campionato de Seleccións Territoriais que se celebra do 2 ao 7 de xaneiro en Vigo e Pontevedra.
O marisco, de comida de pobres a exquisitez de ricos. O xornal El Progreso percorre nesta reportaxe a mudanza do papel do marisco nas mesas galegas durante o pasado século
O rei rebaixou o ton cara ao independentismo catalán na súa mensaxe de Nadal, pero esixiu "responsabilidade" aos gobernantes de Catalunya
Praza non se actualizará este 25 de Nadal por descanso da redacción. Volvemos o martes 26. Pero tedes moreas de novas, reportaxes e entrevistas para ler na nosa portada!