Vigo acolle este mércores unha manifestación en defensa do aeroporto de Peinador, impulsada polo alcalde Abel Caballero, sindicatos e entidades veciñais.
Fálase
KPMG propuxo que Caixanova absorbese Caixa Galicia, cun 165% máis de perdas na construción e no mercado inmobiliario. Así o revela segundo o Faro un informe segredo que será analizado na investigación sobre as caixas que comeza esta semana no Parlamento.
Rajoy alardea de bos indicadores económicos ante os empresarios e insinúa que España pode sair da recesión no terceiro trimestre deste ano.
Polémica en TVE pola presenza de Ana Ibáñez, condutora de La noche en 24 horas, na presentación dun acto con Rajoy
As mobilizacións continúan en Brasil nos estados de São Paulo, Minas Gerais, Rio de Janeiro, Paraná, Amazonas, Rio Grande do Sul e Santa Catarina. A presidenta Dilma Rousseff e algúns dos principais líderes políticos comezan a recoñecer erros.
O Consello Escolar do Estado rexeita en bloque a reforma do sistema de bolsas proposta polo Ministerio de Educación, con menor contía e condicións máis duras para acadalas. Patronal, empresarios, familias e sindicatos votan a favor da proposta das asociacións de estudantes
O número de millonarios en España aumentou un 5,4% en 2012, até un total de 144.600 persoas cun patrimonio superior ao millón de dólares (740.000 euros)
Gómez Noya e David Cal, finalistas ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte.
A Fiscalía mantén a petición de 12 anos de cadea para o capitán do Prestige por delito contra o medio ambiente e danos no espazo natural.
O Observatório Português do Sistema de Saúde ratifica o "impacto" da crise e os recortes na saúde da poboación do país veciño, segundo recolle o xornal Público