A Asociación de Directores de Servizos Sociais denuncia o atraso na publicación dos datos de xestión da dependencia do conxunto do 2014 e denuncian que se debe ao intento de "maquillar" as cifras por parte do Goberno central. O último informe publicado é o correspondente ao pasado novembro.
Fálase
Desaloxan varios edificios da sede da Eurocámara en Bruxelas e cortan varias rúas do barrio europeo por mor dun vehículo sospeitoso con armas no seu interior. O presidente da Xunta atópase este luns na capital comunitaria, pero no edificio da Comisión Europea. O voceiro do Parlamento Europeo sinala que non existen indicios de que o vehículo poida conter explosivos. Está a informar ao respecto o xornal Le Soir
Gerardo Crespo négase a declarar ante a xuíza da Operación Zeta. O empresario e militante do PP, que asegura que "aínda non caeron todos os que teñen que caer" no caso, alega a ausencia dun informe de Facenda que lle impide saber "de que hai que defenderse". Recólleo Faro de Vigo
A Fiscalía oponse a xulgar o caso Someso, aberto polo Tribunal de Contas, alegando que seguen vixentes os acordos municipais aprobados polo ex alcalde Francisco Vázquez
Pescanova gaña máis de 1.600 millóns en 2014, fronte aos números vermellos do ano anterior, segundo vén de informar a compañía á CNMV este luns.
ICV e EUiA aproban a súa integración en Guanyem Barcelona e únense así ao aval de Podemos e Procés Constituent para conformar unha candidatura unitaria ao Concello barcelonés.
Bruxelas medita disolver a troika como concesión a Grecia. A Comisión Europea ofrecerá facilidades se o goberno heleno cumpre os seus compromisos.
A Xunta exixe a 3.800 empresas a devolución de 18,6 millóns en axudas por non crear ou manter o emprego. As firmas perceptoras incumpriron os obxectivos de contratar ou manter o cadro de persoal.
Os candidatos a liderar Podemos defenden Galicia como nación, segundo as resposta a unha entrevista común en El País. Dous ex afiliados de Galiza Nova aspiran a liderar a formación no país.
O PP remonta e consolídase como primeira forza, segundo unha enquisa para eldiario.es. O PSOE sería segundo nas vindeiras eleccións xerais, seguido de Podemos, que obtería máis do 20% dos votos. O BNG mantería representación no Congreso.