Este martes haberá un eclipse total de Sol que será visible en Australia e parte do Pacífico. O fenómeno durará catro minutos e comezará ás 23.11, hora española. Poderá seguirse nesta web.
Fálase
La Razón posiciónase abertamente contra a folga xeral do 14N e pidelles aos seus lectores que non secunden o paro e a cambio donen un quilo de comida a Cáritas.
A inflación interanual sobe unha décima en outubro e sitúase no 3,5%, o seu nivel máis alto nos últimos 17 meses.
O PSOE publica un video de apoio á folga xeral deste mércores, no que debulla os motivos para apoiar o paro xeral
Esta a ser moi comentado en Portugal un video realizado por Marcelo Rebelo de Sousa que pretende ser un apelo á solidariedade do pobo alemán cara a Portugal. O video analiza os sacrificios realizados polo pais nos últimos tempos e salienta que Portugal non criticou que Alemaña obviase a súa débeda externa no momento da reunificación.
O alcalde de Boqueixón, despois de renunciar a subir un 41% o seu soldo porque se fixo público: "Estar no Concello por 1.000 euros? Para iso, marcho para a casa". En El País, vía Europa Press
Novagalicia Banco tampouco fará desafiuzamentos á espera dos cambios normativos que prepara o Goberno. Asegura que "esgota" as posibilidades para evitalos.
Varios deputados e deputadas de AGE, entre eles Yolanda Díaz, completaron esta tarde no Parlamento os trámites para acreditárense como membros da Cámara. (foto @Luca_iskra)
Descobren un erro na nova web do Senado que permite que os usuarios a poidan visualizar inserindo nela o texto que desexen. Abonda con escribilo na barra de enderezos do navegador. A renovación da web custou máis de 400.000 euros.
Entidades financeiras suspenden a execución de tres desafiuzamentos na Coruña. Os procuradores dos bancos pediron ao xulgado que suspendese os tres desaloxos tras a adxudicación das vivendas en subasta, segundo conta Europa Press.