Sáenz de Santamaría suxire que se aplicará o artigo 155 se Puigdemont declara a independencia mañá. Asegurouno nunha entrevista na Cadena COPE.

Sáenz de Santamaría suxire que se aplicará o artigo 155 se Puigdemont declara a independencia mañá. Asegurouno nunha entrevista na Cadena COPE.
Os estaleiros de Navantia, paralizados de novo pola folga das auxiliares. É a tercera xornada do paro convocado pola CIG, que reclama o cumprimento dos acordos salariais de 2001.
A Fiscalía afirma que os responsables do edificio Conde de Fenosa da Coruña puideron ser inhabilitados, pero ten que arquivar unha denuncia ao respecto porque os feitos xa prescribiron. Cóntao La Opinión
Juan Díaz Villoslada felicita a Gonzalo Caballero e á militancia do PSdeG tras perder nas primarias deste domingo.
ÚLTIMA HORA | Gonzalo Caballero imponse a Juan Díaz Villoslada nas primarias para elixir o novo secretario xeral do PSdeG. Máis información aquí.
Monforte sae á rúa en contra da supresión da área sanitaria do sur de Lugo. Centos de persoas protestan contra a nova Lei de Saúde da Xunta. (Foto: En Marea)
Milleiros de persoas reclaman en Barcelona a unidade de España. A manifestación, convocada por Sociedad Civil Catalana, conta co respaldo de PP e Ciudadanos.
A exposición do Pergamiño Vindel inaugúrase o martes no Museo do Mar de Vigo. O acto estará presidido por Juan Carlos I e a mostra permanecerá aberta ata o 4 de marzo.
“Teño que manter a calma porque se non pode que me equivoque”, di Rajoy nunha entrevista en El País. O presidente e o secretario xeral do PSOE veñen evitando as roldas de prensa durante a crise catalá.
A xefa de prensa de Rajoy agradece aos medios o seu papel no conflito catalán. A secretaria de Estado de Comunicación, Carmen Martínez Castro, salientou nunhas xornadas organizadas pola FAPE e a fundación La Caixa, que “os medios están realizando unha labor extraordinaria”.