ÚLTIMA HORA | Gonzalo Caballero imponse a Juan Díaz Villoslada nas primarias para elixir o novo secretario xeral do PSdeG. Máis información aquí.

ÚLTIMA HORA | Gonzalo Caballero imponse a Juan Díaz Villoslada nas primarias para elixir o novo secretario xeral do PSdeG. Máis información aquí.
Monforte sae á rúa en contra da supresión da área sanitaria do sur de Lugo. Centos de persoas protestan contra a nova Lei de Saúde da Xunta. (Foto: En Marea)
Milleiros de persoas reclaman en Barcelona a unidade de España. A manifestación, convocada por Sociedad Civil Catalana, conta co respaldo de PP e Ciudadanos.
A exposición do Pergamiño Vindel inaugúrase o martes no Museo do Mar de Vigo. O acto estará presidido por Juan Carlos I e a mostra permanecerá aberta ata o 4 de marzo.
“Teño que manter a calma porque se non pode que me equivoque”, di Rajoy nunha entrevista en El País. O presidente e o secretario xeral do PSOE veñen evitando as roldas de prensa durante a crise catalá.
A xefa de prensa de Rajoy agradece aos medios o seu papel no conflito catalán. A secretaria de Estado de Comunicación, Carmen Martínez Castro, salientou nunhas xornadas organizadas pola FAPE e a fundación La Caixa, que “os medios están realizando unha labor extraordinaria”.
VÍDEO | Así soou a Muiñeira de Lugo no intento celebrado este sábado en Mesía, na parroquia de San Antonio de Olas, de bater o récord Guiness de maior número de gaitas tocando ao tempo. Quedáronse a 50 gaiteiro de lograr a cifra de 333 congregados en Bulgaria.
Unha concentración ante o Parlamento protestou esta mañá contra a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais proposta polo PP, que cualifican de "Lei de Depredación". Unha vintena de colectivos sociais alertan de que a norma prexudicará o rural galego e limitará a capacidade futura de opoñerse a proxectos agresivos para o territorio. Imaxe: @donicela22
Carles Puigdemont comparecerá o martes ante o Parlament. Acudirá á Cámara a valorar a "situación política actual" logo de que o Constitucional suspendese o pleno para falar do referendo.
A campaña internacional para prohibir as armas nucleares, Nobel da Paz de 2017. Na actualidade existen unhas 15.000 armas deste tipo no mundo