Unha concentración ante o Parlamento protestou esta mañá contra a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais proposta polo PP, que cualifican de "Lei de Depredación". Unha vintena de colectivos sociais alertan de que a norma prexudicará o rural galego e limitará a capacidade futura de opoñerse a proxectos agresivos para o territorio. Imaxe: @donicela22
Fálase
Carles Puigdemont comparecerá o martes ante o Parlament. Acudirá á Cámara a valorar a "situación política actual" logo de que o Constitucional suspendese o pleno para falar do referendo.
A campaña internacional para prohibir as armas nucleares, Nobel da Paz de 2017. Na actualidade existen unhas 15.000 armas deste tipo no mundo
A Fiscalía non pide medidas cautelares para ningún dos imputados por sedición e achega nova documentación sobre as mobilizacións do 20 e 21 de setembro.
Paralizada por segundo día consecutivo a actividade dos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol. A folga indefinida das auxiliares que se iniciou onte, convocada pola CIG, impide o funcionamento aos dous centros de traballo.
Policías nacionais piden "desculpas" pola actuación do 1-O e recoñecen "excesos" ante unha "intervención mal dirixida". Fano nunha carta dirixida a El Periódico.
Masiva manifestación na Mariña contra a supresión da súa área sanitaria que pretende a Xunta coa nova Lei de Saúde. As protestas sucédense nas comarcas afectadas polo proxecto que prepara o Goberno galego.
Galicia é a comunidade autónoma na que menos fogares teñen Internet malia dispararse a súa porcentaxe en dez anos: do 38% de vivendas de 2008 até o 78% de 2017.
ÚLTIMA HORA | O Banco Sabadell traslada a súa sede social a Alacant. Así o vén de aprobar o seu consello de administración. Acábao de aprobar o seu consello de administración.
A novela A memoria dos meus pasos, de Carlos Meixide, será publicada en papel. Tras a súa edición dixital en Praza.gal durante o pasado mes de agosto, o autor vén de culminar con éxito a campaña de micromecenado para a versión impresa. Os fondos adicionais ao obxectivo previsto destinaranse a unha futura edición para Portugal.