Policías nacionais piden "desculpas" pola actuación do 1-O e recoñecen "excesos" ante unha "intervención mal dirixida". Fano nunha carta dirixida a El Periódico.
Fálase
Masiva manifestación na Mariña contra a supresión da súa área sanitaria que pretende a Xunta coa nova Lei de Saúde. As protestas sucédense nas comarcas afectadas polo proxecto que prepara o Goberno galego.
Galicia é a comunidade autónoma na que menos fogares teñen Internet malia dispararse a súa porcentaxe en dez anos: do 38% de vivendas de 2008 até o 78% de 2017.
ÚLTIMA HORA | O Banco Sabadell traslada a súa sede social a Alacant. Así o vén de aprobar o seu consello de administración. Acábao de aprobar o seu consello de administración.
A novela A memoria dos meus pasos, de Carlos Meixide, será publicada en papel. Tras a súa edición dixital en Praza.gal durante o pasado mes de agosto, o autor vén de culminar con éxito a campaña de micromecenado para a versión impresa. Os fondos adicionais ao obxectivo previsto destinaranse a unha futura edición para Portugal.
Dimite o director da fundación estatal responsable do Museo da Ciencia da Coruña (Muncyt) tras a polémica por usar coches con chofer. José Ignacio Fernández Vera gastou só entre 2014 e 2015 preto de 25.000 euros en alugar vehículos para desprazamentos de Madrid a Salamanca, de onde é natural, ou ao aeroporto para viaxes entre as que hai varias á Coruña. Cóntao El País.
ÚLTIMA HORA | O Tribunal Constitucional suspende o Pleno do Parlament do luns que ía avaliar a declaración de independencia. A suspensión prodúcese a petición do PSC.
Rajoy esixe a Puigdemont que non declare a independencia para evitar "males maiores". Reclámalle que volva "á legalidade".
O autor inglés Kazuo Ishiguro gaña o Premio Nobel de Literatura, segundo vén de comunicar a Academia Sueca, que o outorga.
A Fiscalía pide cinco anos de cárcere para o ex-edil lucense Francisco Fernández Liñares por branquear 300.000 euros de subornos. Nunha das pezas separadas do caso Pokémon, a fiscal, nun escrito de xuño divulgado agora por varios medios e ao que tivo acceso Praza.gal, pide tamén para o ex-concelleiro socialista e ex-presidente da Confederación Miño-Sil unha multa do dobre do branqueado e 15 anos de inhabilitación. A fiscal pide penas similares para Miguel García-Gesto, o empresario amigo que o axudou a branquear.