A Fiscalía pide cinco anos de cárcere para o ex-edil lucense Francisco Fernández Liñares por branquear 300.000 euros de subornos. Nunha das pezas separadas do caso Pokémon, a fiscal, nun escrito de xuño divulgado agora por varios medios e ao que tivo acceso Praza.gal, pide tamén para o ex-concelleiro socialista e ex-presidente da Confederación Miño-Sil unha multa do dobre do branqueado e 15 anos de inhabilitación. A fiscal pide penas similares para Miguel García-Gesto, o empresario amigo que o axudou a branquear.
