O consello do Banco Sabadell reúnese esta tarde para aprobar o cambio de enderezo social da entidade. A mudanza podería realizarse nas vindeiras horas e antes do pleno do luns do Parlament.
Fálase
A Audiencia de Madrid ordena reabrir a investigación por branqueo contra Rodrigo Rato
Continúan as protestas pola supresión de áreas sanitarias que pretende a Xunta coa reforma da Lei de Saúde. Este xoves está convocada unha manifestación en Burela contra a supresión da área da Mariña.
A folga das auxiliares de Navantia paraliza os dous estaleiros en Ferrol. Centos de traballadores formaron grandes piquetes ás portas dos centros de traballo no paro convocado pola CIG. Reclaman o pagamento dos acordos salariais do ano 2001. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Os dous candidatos á secretaría xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero e Juan Díaz Villoslada, debaten publicamente esta tarde, a tres días da votación do vindeiro domingo. O debate estará dividido en modelo económico, modelo social e modelo de partido e poderá ser seguido por streaming na web das primarias.
Medio Rural dá por controlado o incendio que afectou ao parque do Xurés. Arderon unhas 20 hectáras, di a Consellería.
A Valedora do Pobo pide ao Concello de Gondomar que rotule en castelán os sinais de tráfico, conta Faro de Vigo. Faino despois de que a Garda Civil denunciase agora sinais en galego de hai unha década.
Convocadas cazoladas nas sete cidades galegas en solidariedade co pobo catalán e de repulsa ás ameazas de Felipe VI. A plataforma Galiza con Catalunya chama a saír á rúa nesta tardiña.
Urkullu ofrécese a Juncker para lograr unha "mediación europea" no conflito catalán. Pide que "a cirse catlá se inclúa na axenda do próximo Consello Europeo para propiciar unha solución dialogada".
O pleno para declarar a independencia de Catalunya será o vindeiro luns. Así o solicitaron JxSí e a CUP, segundo adianta La Vanguardia. No pleno comparecería Puigdemont para dar conta dos resultados do 1-O e explicaría os seus plans. Falta por decidir se haberá votación sobre a posible declaración.