Anxo Quintana confirma a súa baixa no BNG por non compartir os "obxectivos" da formación
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56d7e63c03f66-5583015a4a157-quintana2.jpg)
Anxo Quintana confirma a súa baixa no BNG por non compartir os "obxectivos" da formación
Pedro Sánchez convoca o seu equipo para decidir os próximos pasos de achegamento a Podemos tras o duro debate do mércores.
O Congreso di 'non' á investidura de Pedro Sánchez, que só recibe os apoios de C's e do seu partido e a abstención de Coalición Canaria nesta primeira votación. O PSOE queda só ante a posición de PP e tamén a de Podemos, En Marea, En Comú Podem, Compromís ou os nacionalistas vascos e cataláns, que se unen no rexeitamento ao acordo entre socialistas e Ciudadanos. O 'si' sumou 130 escanos, o 'non' 219 e 1 abstención.
Dende este mércores quedan expostos de forma permanente no Auditorio de Ferrol dous valiosos murais de Xaime Quessada, que permaneceran nos últimos anos ocultos no arquivo municipal. Destaca, sobre todo, Alegoría pola paz, realizado en 1981 tras un encargo do PCG para protestar contra a entrada de España na OTAN.
Alexandra Fernández (En Marea) comeza a súa intervención con versos de Xohana Torres e anuncia o voto negativo do grupo galego. Acusa a Pedro Sánchez de "non querer" un cambio, de "crear espellismos" e lémbralle as esixencias de En Marea para apoiar o candidato socialista, dende a anulación da prórroga de ENCE, ao apoio aos sectores produtivos galegos e á creación dunha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia.
Pablo Iglesias confirma o voto negativo de Podemos á investidura de Pedro Sánchez. Critica o acordo do PSOE con Ciudadanos e as renuncias en materia económica e laboral. Reitera a oferta para un pacto de esquerdas no que Sánchez conte co apoio de Podemos, confluencias, UP e Compromís e a abstención do nacionalismo catalán
Pemex podería estar barallando a venda de Barreras para facer fronte ás debedas que acumula, publica La Voz de Galicia
El Diario revela a estratexia que levou a cabo a industria cárnica para contrarrestar nos medios de comunicación o informe sobre o cancro da OMS que confirmaba a relación entre a carne procesada e unha maior incidencia desta enfermidade. El Diario tivo acceso a esta información grazas a unha filtración que chegou a través de filtrala.org
O paro aumentou en febreiro en 2.231 persoas no conxunto de España, pero tamén se incrementou notablemente o número de persoas con traballo, un total de 63.355 novos e novas cotizantes. En Galicia hai despois de febreiro 1.179 desempregados/as menos, deixando o número total en 235.268, mentres que o número de persoas con traballo creceu en 4.654.
Comeza a segunda xornada da sesión de investidura coa intervención do líder do PP, Mariano Rajoy, que de entrada anuncia o non a Sánchez.