A Asemblea Xeral da ONU nomea como o seu novo secretario xeral o portugués António Guterres. Hai uns días repasamos a súa relación con Galicia cando era primeiro ministro de Portugal.
Fálase
O líder da trama Gürtel detalla entregas de cartos ao PP ao cambio de adxudicacións. Francisco Correa debullouno durante a súa declaración no xuízo do caso, que continúa esta tarde. Está a contalo eldiario.es
Oliver Laxe, Premio Cidade de Ourense do 21º OUFF. O festival, que comezará o vindeiro 28 de outubro, réndelle homenaxe ao realizador, recoñecendo o seu "labor de creación e espallamento do cinema galego fóra das nosas fronteiras".
Bob Dylan, premio Nobel de Literatura por "crear novas expresións poéticas" no marco da tradición musical americana.
Falece o actor, director e dramaturgo Dario Fo aos 90 anos. Foi Premio Nobel de Literatura en 1997.
O ano no que a poboación do Estado foi optimista sobre a política: José Fernández-Albertos analiza en Piedras de Papel a excepción que, detectada polos inquéritos, supuxo o 2015 na percepción da cidadanía a respecto da situación política
A Xunta publica os domingos e festivos de 2017 nos que estará autorizada a apertura de establecementos comerciais
Héctor Cajaraville gaña a sétima edición do premio Meiga Moira 2016 de literatura infantil e xuvenil, convocado por Baía Edicións, coa obra Denébola a Roxa, "para lectoras e lectores a partir de 12 anos".
A Universidad Católica de Ávila formará os novos inspectores de Policía en España. Interior retruca á información de El País argumentando que esta institución é "máis barata" que a Universidad de Salamanca, que impartía a formación dende hai tres décadas.
Hoxe retómase o xuízo da Gürtel coa declaración de Francisco Correa, presunto líder da trama. Existe gran expectación en torno ás súas revelacións, polas posibles incriminacións que traian consigo para suavizar a súa condena.