O PSdeG denuncia o PP ante a Xunta Electoral por uns anuncios publicados na prensa de hoxe. Asegura que "é un acto de difusión de propaganda nunha data prohibida pola normativa electoral".
Fálase
O BNG de Ourense insta a suspender a pegada de carteis desta noite na provincia en "solidariedade" cos concellos afectados polos incendios. "O mínimo que podemos facer as forzas políticas diante dunha catástrofe sen comparación nos últimos anos é facer este xesto e pasado o 25 de setembro chegar a puntos de acordo para que non volte acontecer", di a cabeza de lista, Noa Presas.
A Xunta prevé un crecemento do PIB do 2,3% en 2017, por baixo do 3% co que calcula que rematará este ano logo de revisalo á alza desde o 2,5% inicial. Argumenta que o Brexit e a inestabilidade política son as principais ameazas. O ano que vén o paro será aínda do 15,6%. Con estes datos, pero á espera de coñecer as transferencias estatais bloqueadas pola falta de goberno, elabora xa o seu orzamento, que medrará un 2,7% e rondará os 9.000 millóns de euros.
O Reino Unido construirá un muro de formigón de 4 metros de altura en Calais para impedir o paso de inmigrantes. O muro estará adornado con flores para disimular a súa brutalidade.
Un colectivo prepara unha homenaxe en Ordes a Juan Díaz Porlier, militar que se rebelou contra o absolutismo que suprimira as liberdades da Constitución de Cádiz. Máis información neste vídeo
O incendio que se iniciou na parroquia de Vences, en Monterrei, achegouse pola noite ao propio castelo. Medio Rural decretou a situación 2 pola proximidade do lume a núcleos habitados. Tamén o fixo para un incendio declarado en Navia de Suarna. Á espera dos datos desta noite, o lume arrasou case 4 mil hectáreas en 36 horas en Ourense. Máis información, nuns minutos en Praza
Xa están á venda as entradas para o Womex 2016, que se celebra en Santiago o vindeiro outubro. Este mércores foi detallada a programación do certame, que terá a Radio Cos, Xabier Díaz e Narf como referencias galegas.
Medio Rural decretou o nivel 2 para os incendios que afectan a Vences (Monterrei) e A Illa (Lobios), pola proximidade a núcleos habitados. Os seis grandes incendios activos na provincia de Ourense queimaron xa máis de 3.200 hectáreas.
Feijóo convoca á prensa para "presidir" a sinatura do encargo de pezas eólicas mariñas de Iberdrola a Navantia. O líder popular avanzou este encargo o luns nun acto de partido no que asegurou que o naval ferrolán terá traballo para "dez anos".
CxG recorre ante a Xunta Electoral para esixir poder participar nos debates dos medios públicos. O candidato á Xunta, Xoán Bascuas, critica que a autoridade electoral "inclúa a Ciudadanos neste debate e deixe fóra a Compromiso, cando o partido galego ten unha representación institucional 2,5 veces maior".