Presentan a candidatura de Chano Piñeiro ás Letras Galegas de 2020, que coincidirán co 25 aniversario da morte do cineasta de Forcarei

Presentan a candidatura de Chano Piñeiro ás Letras Galegas de 2020, que coincidirán co 25 aniversario da morte do cineasta de Forcarei
O campus universitario de Ferrol (UDC) celebrará tamén un referendo sobre a Monarquía o vindeiro 12 de decembro, uníndose aos campus de Santiago (USC) e A Coruña (UDC). A data foi decidida este xoves nunha asemblea que fixou as preguntas da consulta: "Estás a favor de abolir a monarquía?" e "En caso afirmativo, estás a favor da apertura de procesos constituíntes para decidir o modelo de república?". 1.600 persoas participaron este martes no referendo celebrado en Vigo.
As emisións mundiais de CO2 crecen de novo e acadarán o seu máximo histórico este ano. O incremento débese a un aumento da queima de carbón e do uso de petróleo para producir enerxía. O pasado vénres Greenpeace levou a cabo unha acción pedindo o peche da central térmica de Meirama e a plataforma Galiza, un futuro sen carbón levou a cabo unha concentración na central das Pontes co mesmo obxectivo.
O BNG levou a cabo un acto na Praza do Obradoiro no que defendeu o dereito de autodeterminación ao berro de "Galiza mañá república será"
O Congreso acolle o acto de conmemoración do 40 aniversario da Constitución. Felipe VI defendeu "a arquitectura territorial" e "a descentralización do poder político" cuestionada por VOX e PP e os líderes de Unidos Podemos avogaron pola República.
Feijóo condiciona o 'si' definitivo do PP ao traspaso da AP-9 a que se cumpran as esixencias da Xunta. Di non estar disposto a que Galicia "perda cartos" coa transferencia.
Investigan como violencia machista un suceso no Grove. Unha muller foi disparada por un home que foi finalmente detido tras un amplo despregamento de forzas de seguridade. Foto: TodoGrove.
O Concello de Bueu aprobou a súa incorporación ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que suma un total de 100 entidades adheridas, que contribúen a impulsar proxectos de cooperación en países do Sur.
O Tribunal Superior de Navarra confirma sen unanimidade a pena de nove anos de cárcere á 'manada' por abuso sexual. Dous dos maxistrados defenden que os acusados deberían ser condenados por agresión sexual a 14 anos.
Ás nove da mañá declarouse un grande incendio na factoría de ENCE en Pontevedra, que afecta a unha torre de refixeración, diante de oficinas e á beira do secapastas. Non hai danos persoais. Unha densa columna de fume é visible dende toda a comarca.