Pontón fixa o vindeiro 25 de xullo como data para que estean xa decididos os candidatos do BNG ás municipais. A voceira do Bloque chama a En Marea e PSdeG a "aparcar os seus problemas internos".

Pontón fixa o vindeiro 25 de xullo como data para que estean xa decididos os candidatos do BNG ás municipais. A voceira do Bloque chama a En Marea e PSdeG a "aparcar os seus problemas internos".
Varias incidencias en Galicia durante as primeiras horas do temporal Ana, que será peor durante a tarde.
A Aemet eleva o nivel de alerta a vermello en varias zonas de Galicia: Rías Baixas, Miño, interior da provincia de Pontevedra e na montaña de Ourense e Lugo, con refachos de vento que poden alcanzar os 140 km/h. A Xunta pide "extremar as precaucións"
A maioría soberanista afástase mentres Ciudadanos, ERC e JxCAT dispútanse a vitoria nas eleccións catalás, segundo unha enquisa para La Vanguardia.
Cadea humana en Pontevedra para reclamar o peche inmediato de Elnosa. Unhas 300 persoas acudiron á chamada da Asociación pola Defensa da Ría (APDR)
O tren Vigo-Barcelona é tres horas máis rápido vía Madrid que directo. O ferrocarril polo norte tarda 14 horas fronte ás álgo máis de 10 con transbordo ao AVE. Cóntao Faro de Vigo.
Alerta laranxa en Galicia este domingo polo temporal Ana. Agárdanse ventos de 120 km/h e fortes chuvias, sobre todo pola tarde, xa se suspenderon numerosas actividades ao aire libre.
Os institutos Lucus Augusti e Nosa Señora dos Ollos Grandes, de Lugo, xa non teñen escudos franquistas. A Xunta retira a simboloxía que estaba a incumprir a Lei de Memoria Histórica.
Un dos 12 rapeiros do grupo La Insurgencia (cinco deles vigueses) condenados a dous anos de cárcere por un delicto de enaltecemento do terrorismo fai un chamamento ao mundo do hip-hop e á sociedade en xeral para que denuncien o seu caso.
Milagros Otero nega nunha entrevista concedida a Europa Press ser "a Valedora do PP". Dende a súa designación, vén recibindo críticas das forzas da oposición e de entidades sociais, por exemplo pola súa actuación en relación coas persoas sen fogar ou polo seu tratamento a gobernos municipais de esquerda.