Un grupo de gandeiros interrompe o discurso de investidura de Feijoo con berros de "Feijóo escoita, os gandeiros estamos en loita", "Mentireiro" e "Feijóo estamos tirando o leite" entre os aplausos das forzas da oposición. Son desaloxados da tribuna e o candidato a presidente continúa a súa intervención.
Fálase
El Pais fai unha estimación dos fluxos de votos nas eleccións catalás deste domingo. ICV-EUiA, ERC, PP e C'S reciben moitos votos procedentes da abstención. Hai ademais grandes trasvases de PSC a ICV, de PP a C's e de CIU a ERC. Ademais, advirtese un intercambio de votos entre PSC e CiU.
A UE desaira os afectados das preferentes e recoméndalles "defenderse nun xulgado", segundo conta Faro de Vigo. A Comisión Europea di que non pode determinar que titulares son aforradores e cales investidores, durante unha visita da que os "estafados" saen "pesimistas".
El Blog Salmón analiza en dez gráficas "por que a crise e recesión española irá a peor". Baséase na caida da produción de cemento, da demanda, das exportacións ou do crédito.
Antoni Domènech, G. Buster e Daniel Raventós analizan as eleccións catalás para Sin Permiso. Saúdan o ascenso de ICV-EUiA e CUP e relacionan a actual pulsión soberanista coa crise da Monarquía de 1978.
Onte presentouse en Madrid o libro No es Economía, es Ideología, de Economistas Frente a la Crisis
Exhuman o corpo de Arafat para saber se morreu envelenado. Hai meses un grupo de investigadores suizos atoparon restos de polonio na roupa do rais.
Os empresarios cataláns desconfían dun Goberno formado por CiU e ERC e un sector opta por pactar co PSC. Un sector de Unió, molesto coa campaña "personalista" realizada por Artur Mas.
O Eurogrupo aproba a seguinte fase do rescate de Grecia. Atenas recibirá antes de final de ano 34.000 millóns de euros dos 44.000 millóns pendentes pero o Eurogrupo negouse a aceptar unha quita da débeda.
Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego comezaron este martes unha folga de recollida de leite para reclamar uns prezos semellantes aos doutros territorios do Estado.