O alcalde de Abegondo teima en reclamar a prohibición de que 'forasteiros' se presenten ás municipais para contrarrestar a petición do veto aos imputados. Recólleo La Voz
Fálase
O PP propón oficialmente a Jesús Vázquez, conselleiro de Educación, como candidato á alcaldía de Ourense. A decisión, segundo os populares ourensáns, adoptouse "por unanimidade".
O Goberno grego anuncia que non recoñece a troika como interlocutora. O ministro de Finanzas, Yanis Varufakis, asegura que non traballarán "cunha comisión que non ten razón de existir, mesmo dende a perspectiva do Parlamento europeo". As decisións gregas provocan o enfado do presidente do Eurogrupo e do Executivo alemán, que esixe que se cumpran as súas "condicións"
O Consello de Ministros aproba o RD que abre a porta a que os graos universitarios pasen de ter catro anos a tres, cun incremento da duración dos máster, de un a dous anos. A reforma, moi criticada por reitores, sindicatos e estudantado, encarecerá a formación superior, aínda que o ministro Wert defende que a "abaratará" ao acurtar as carreiras
A conselleira de Facenda será candidata do PP á Alcaldía de Vigo, segundo avanza La Voz, o que implica unha negativa de Javier Guerra a ser cartel electoral . As saídas de Elena Muñoz e Jesús Vázquez abocan a Xunta a unha crise de Goberno.
Cando menos seis mortos no naufraxio dunha patera preto de Melilla. Na embarcación viaxaban 31 persoas; 15 delas seguen desaparecidas.
O Concello de Santiago impide de novo o uso dun enganche eléctrico para o acto final da manifestación de Queremos Galego, prevista para o día 8. En 2012 a Xustiza xa tombou un atranco semellante do consistorio, daquela dirixido por Ángel Currás.
A Xunta Electoral sanciona o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras (PP), por protagonizar unha inauguración en período electoral das europeas de maio, cando xa estaba prohibido. Recólleo o Diario de Arousa.
Feijóo pídelle por terceira vez ao ex conselleiro Javier Guerra que sexa candidato á Alcaldía viguesa, segundo adianta Faro de Vigo
O Tribunal de Contas abre xuízo pola xestión irregular do polígono de Someso durante os gobernos de Francisco Vázquez na Coruña. As irregularidades denunciadas polo BNG están relacionadas coa apropiación privativa de bens e dereitos municipais, cunha lesión económica para o Concello de 50 millóns de euros