O alcalde de Fene, Juventino Trigo (BNG, 4 concelleiros) queda gobernando en minoría. Vén de cesar aos seus socios de goberno de PSdeG (3) e Somos Fene (2). O PP ten 7 concelleiros e Esquerda Unida unha.
Fálase
Rajoy vaise de ponte a Pontevedra para “reflexionar” sobre as negociacións con Ciudadanos para a súa investidura, conta Europa Press.
Un novo incendio ameaza vivendas en Fecha, Santiago. A finais de xullo xa se rexistrara outro de 47 hectáreas na mesma parroquia.
A Xunta dá por controlados os incendios de Cotobade e Mondariz tras queimar 565 hectáreas. Só o de Soutomaior e Redondela, con máis de 200 hectáreas, mantén activados agora os desaloxos por proximidade a vivendas. Actualizamos datos.
O incendio de Soutomaior e Redondela leva xa 200 hectáreas queimadas. Tanto ese lume como o de Cotobate, de 365 hectáreas, seguen en “Situación 2” por risco para as vivendas.
As multas de Facenda en Galicia alcanzan un récord e case os 14 millóns de euros en 2015 logo de aumentar un 21%.
Trump bromea con asasinar a Clinton se é necesario para defender o dereito a levar armas. O candidato republicano intenta xustificarse logo en Twitter.
O ex-alcalde do BNG en Monforte apoia a Villares e insta o Bloque a "confluír" con En Marea. Severino Rodríguez anuncia que apoiará o candidato das mareas de cara ás autonómicas, logo de que o BNG da Pastoriza fixese o propio onte.
Rivera esixe a Rajoy que poña data para o debate de investidura antes de negociar con el. Tamén lle pide seis medidas de rexeneración política.