O ex-alcalde do BNG en Monforte apoia a Villares e insta o Bloque a "confluír" con En Marea. Severino Rodríguez anuncia que apoiará o candidato das mareas de cara ás autonómicas, logo de que o BNG da Pastoriza fixese o propio onte.
Fálase
Rivera esixe a Rajoy que poña data para o debate de investidura antes de negociar con el. Tamén lle pide seis medidas de rexeneración política.
Miguel Alvariño, unha das bazas galegas nos Xogos de Rio, eliminado en dezaseisavos de final.
O PSOE expulsa de vez o alcalde de Becerreá, que se ve obxecto dunha "purga". Manuel Martínez continúa como deputado non adscrito na Deputación de Lugo.
O incendio de Queimadelos, en Mondariz, xa non ameaza vivendas, segundo a Xunta. Medio Rural desactivou o nivel 2 de alerta e dá por “estabilizado” o lume, dunhas 150 hectáreas.
Bescansa apoia "sen dúbida" a postura da dirección de Podemos Galicia na súa relación con En Marea cara ás galegas. A dirixente da dirección estatal de Podemos atribúe as discrepancias sobre a confleuncia a que "hai un debate democrático moi saudable". Afirmouno nunha entrevista na SER.
A última enquisa do CIS reforza o "non" de Pedro Sánchez á investidura de Mariano Rajoy. Cóntao eldiario.es
A Xunta declara a "situación 2" nun incendio en Caldas de Reis pola proximidade do lume ás vivendas. Na zona traballan 10 helicópteros, 2 avións e 14 brigadas.
Audasa deberá pagar 300.000 euros a un condutor que perdeu unha perna por culpa dunha barreira mal suxeita. Un xulgado de Betanzos censura a “neglixencia da concesionaria” na conservación da bionda metálica coa que chocou o afectado.
A CNMV mantén a suspensión de cotización de Pescanova. O regulador di que a empresa aínda non lle trasladou toda a información que lle requiriu para permitir que volva á bolsa, da que saíu en 2013.