Jordi Pujol e a súa dona declaran ante a xuíza pola fortuna oculta en Andorra. O ex president foi recibido entre insultos de varios cidadáns que o agardaban ás portas.
Fálase
Bárcenas asegura ter gravacións que comprometen a Mariano Rajoy e Javier Arenas, segundo El Mundo
A Defensora del Pueblo e varios valedores autonómicos, entre eles o Valedor do Pobo, denuncian o colapso das urxencias hospitalarias e esixen máis medios para a sanidade pública. Reclámano nun informe que debulla El Diario
Esta mañá comparece Feijóo no Parlamento sobre "medidas de impulso democrático", no que se prevé que sexa un pleno monográfico sobre corrupción. A continuación intervirá a conselleira de Sanidade sobre o colapso das urxencias e os tratamentos de Hepatite C. A información, hoxe en Praza.
O ex xerente do PP de Ourense denuncia presións á súa familia pola súa denuncia de suposto financiamento ilegal do partido. Cóntao El País
A Deputación de Ourense financia o novo vídeoclip de Alejandro Sanz, gravado na provincia. A achega non superará os 18.000 euros, segundo o presidente da entidade.
O TSXG acorda procesar a Pachi Vázquez por prevaricación durante a súa etapa de alcalde no Carballiño.
O Fórum Metropolitano da Coruña acolle este luns o Acto Inaugural da Exposición Itinerante ARTEPAZ 2015, que conmemora o 30 aniversario do SGEP. No acto, que comezará ás 18.30 horas, participará o ex director xeral da UNESCO Federico Mayor Zaragoza.
11 espazos galegos de coworking organizan de forma conxunta os Coworking Days, entre este martes 27 e o venres 30. Cada un destes espazos realizará xornadas de portas abertas, charlas, presentacións e outras actividades para dar a coñecer o seu funcionamento e as vantaxes do coworking.
Xa hai goberno en Grecia. Syriza chega a un acordo con Gregos Independentes, que vén de afirmar que pactará coa coalición de esquerdas, gran vencedora das eleccións no país heleno e que quedou a un paso da maioría absoluta.