O PP fai circular por WhatsApp unha campaña na que os personaxes Epi e Blas instan a concentrar o voto da dereita nos populares e cargan contra o PSOE. É unha información de Gonzalo Cortizo en eldiario.es

O PP fai circular por WhatsApp unha campaña na que os personaxes Epi e Blas instan a concentrar o voto da dereita nos populares e cargan contra o PSOE. É unha información de Gonzalo Cortizo en eldiario.es
O xulgado de Tui decreta a liberdade provisional do propietario do almacén pirotécnico que estoupou en maio de 2018 causando dúas mortes. A xuíza considera que sería "excesivo e desproporcionado" mantelo en prisión provisional e considera que non hai risco de que poida "ocultar, alterar ou destruír fontes de proba" da almacenaxe irregular dos explosivos.
A UE suspende os voos dos avións Boeing 737 MAX no seu espazo aéreo tras o accidente aéreo en Etiopía. Javier Pedreira Wicho explica neste artigo cal é o sistema polo que é cuestionado este modelo de aeronave.
O PSOE sería a forza máis votada nas eleccións xerais pero as dereitas sumarían maioría absoluta para gobernar, segundo unha enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es
A esta hora están a celebrarse en toda Galicia concentracións en repulsa polo asasinato machista que tivo lugar en Valga este domingo
A proposta de Theresa May para o Brexit, acordada coa UE, volve ser rexeitada polo Parlamento británico (242 votos a favor, 391 en contra), deixando a Primeira Ministra nunha posición moi difícil. Este mércores celebrarase unha nova votación, desta volta para aceptar ou non un Brexit sen acordo.
Os votos do PP impiden que o Parlamento tramite a proposición de lei de memoria histórica de Galicia promovida polo BNG, que si tivo os votos a prol de En Marea e PSdeG.
Expertos analizan o xeito de eliminar novas pintadas na Catedral de Santiago, desta volta no acceso á escalinata do Obradoiro e no arco de Xelmírez. O Concello compostelán "condena unha nova agresión ao patrimonio" e "ponse á disposición da Catedral para colaborar no que sexa necesario", indica. Na imaxe, do consistorio, persoal da Fundación Catedral no lugar dos feitos. O pasado agosto aparecera unha pintada na fachada de Praterías, que foi eliminada pouco despois.
Antonio Durán, Morris, premio da Unión de Actores e Actrices ao mellor actor secundario de televisión por Fariña, serie da galega Bambú Producciones para A3 Media na que interpretaba o narco Manuel Charlín.
A Xunta Electoral Central rexeita prohibir as roldas de prensa posteriores ao Consello de Ministros que o Goberno de España celebra cada venres. PP e Ciudadanos pretendían limitar estas intervencións ata os comicios do 28A por consideralas electoralistas.