A Fiscalía recorrerá o auto da Audiencia Nacional que pide investigar a Puigdemont e Marta Rovira por terrorismo no caso aberto contra Tsunami Democràtic.
Fálase
O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso do Goberno de España contra a lei galega do litoral e suspende 29 dos seus 73 artigos. O Executivo central sostén que a norma vulnera as competencias básicas estatais na materia. [Imaxe: CC-BY-NC-SA Plan de Ordenación do Litoral - Xunta de Galicia]
Feijóo chama a protestar contra os pactos do PSOE co independentismo catalán o vindeiro domingo en todas as capitais de provincia e alenta a manifestación do día 18 en Madrid contra unha lei de amnistía. Foto: © PP.
Air Nostrum pide perdón e di que compensará aos pasaxeiros que quedaron sen avión en Vigo por cedérllelo aos futbolistas do Sevilla. A compañía aérea lamenta "profundamente" un feito que causou fonda indignación entre as persoas afectadas.
Falece Xan María Castro, ex-secretario xeral de CCOO en Galicia e presidente da Fundación 10 de Marzo. O sindicato amosa o seu “profundo pesar” ante a “irreparable perda dun mestre para moitas xeracións de sindicalistas e protagonista da memoria obreira do pobo galego”.
Feijóo advirte de que o PSOE "será a nada" logo dos seus acordos co independentismo para a investidura de Pedro Sánchez. O líder do PP asegura ao presidente do Goberno de España en funcións que "terá que responder ante as urnas" por un "disparate democrático sen límites". Foto: © PP
O 84,5% da militancia do PSdeG que participou na consulta apoiou os acordos e as negociacións do PSOE para formar goberno en España. A participación das bases socialistas en Galicia foi do 61,8%, segundo a táboa facilitada pola formación en Galicia.
O temporal provoca máis dun milleiro de incidencias en Galicia, con ventos de máis de 180 km/h, ríos desbordados, numerosas caídas de árbores e desprendementos. A borrasca Domingos marcha e deixa hoxe unha situación máis tranquila en terra, con menos vento.
A militancia do PSOE avala as negociacións co independentismo e o acordo con Sumar para formar goberno. Máis do 87% das bases deron o visto e prace nunha consulta na que participou o 63,4% dos e das militantes.
O temporal deixa ventos superiores aos 170 km/h e máis de 300 incidencias en toda Galicia. A borrasca Domingos golpea con forza todo o país, con intensas precipitacións, ríos desbordados caídas de árbores e postes e desprendementos de terra e pedras. Foto: Concello de Ortigueira.