O 84,5% da militancia do PSdeG que participou na consulta apoiou os acordos e as negociacións do PSOE para formar goberno en España. A participación das bases socialistas en Galicia foi do 61,8%, segundo a táboa facilitada pola formación en Galicia.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/captura77-7fc4f1f.jpeg)
O 84,5% da militancia do PSdeG que participou na consulta apoiou os acordos e as negociacións do PSOE para formar goberno en España. A participación das bases socialistas en Galicia foi do 61,8%, segundo a táboa facilitada pola formación en Galicia.
O temporal provoca máis dun milleiro de incidencias en Galicia, con ventos de máis de 180 km/h, ríos desbordados, numerosas caídas de árbores e desprendementos. A borrasca Domingos marcha e deixa hoxe unha situación máis tranquila en terra, con menos vento.
A militancia do PSOE avala as negociacións co independentismo e o acordo con Sumar para formar goberno. Máis do 87% das bases deron o visto e prace nunha consulta na que participou o 63,4% dos e das militantes.
O temporal deixa ventos superiores aos 170 km/h e máis de 300 incidencias en toda Galicia. A borrasca Domingos golpea con forza todo o país, con intensas precipitacións, ríos desbordados caídas de árbores e postes e desprendementos de terra e pedras. Foto: Concello de Ortigueira.
Galicia quedará este sábado baixo a influencia doutra profunda borrasca, Domingos, que deixará temporal de chuvia e vento, con alerta vermella en toda a costa e laranxa en boa parte do litoral.
O delegado do Goberno de España en Galicia aclara que "a condonación a Catalunya é extensible a Galicia" e pide a Rueda que deixe a "confrontación". Pedro Blanco lamenta que o presidente da Xunta "alerte dunha situación de desigualdade que non se vai dar".
Alfonso Rueda censura o "agravio" que na súa opinión supón para Galicia o acordo entre PSOE e ERC e exixe a convocatoria urxente dunha conferencia de presidentes autonómicos. O presidente da Xunta fixo unha declaración institucional acompañado dos membros do seu goberno.
O Goberno galego cancela unha decena de actos da súa axenda oficial para realizar ás 12 no Pazo de Raxoi unha "declaración institucional en defensa do equilibrio da España autonómica".
O paro rexistrado aumentou en Galicia en 2.705 persoas en outubro, pero é un 7,2% menos que o rexistrado hai un ano. Máis información ao longo do día.
BNG e PSOE pechan un principio de acordo para a investidura de Sánchez que inclúe novas rebaixas de peaxes na AP-9 e tamén na AP-53. O pacto deberá ser ratificado este venres pola executiva do Bloque.