Galicia quedará este sábado baixo a influencia doutra profunda borrasca, Domingos, que deixará temporal de chuvia e vento, con alerta vermella en toda a costa e laranxa en boa parte do litoral.
Fálase
O delegado do Goberno de España en Galicia aclara que "a condonación a Catalunya é extensible a Galicia" e pide a Rueda que deixe a "confrontación". Pedro Blanco lamenta que o presidente da Xunta "alerte dunha situación de desigualdade que non se vai dar".
Alfonso Rueda censura o "agravio" que na súa opinión supón para Galicia o acordo entre PSOE e ERC e exixe a convocatoria urxente dunha conferencia de presidentes autonómicos. O presidente da Xunta fixo unha declaración institucional acompañado dos membros do seu goberno.
O Goberno galego cancela unha decena de actos da súa axenda oficial para realizar ás 12 no Pazo de Raxoi unha "declaración institucional en defensa do equilibrio da España autonómica".
O paro rexistrado aumentou en Galicia en 2.705 persoas en outubro, pero é un 7,2% menos que o rexistrado hai un ano. Máis información ao longo do día.
BNG e PSOE pechan un principio de acordo para a investidura de Sánchez que inclúe novas rebaixas de peaxes na AP-9 e tamén na AP-53. O pacto deberá ser ratificado este venres pola executiva do Bloque.
PSOE e ERC pechan a investidura, que implica unha lei de amnistía ou o traspaso completo de Rodalies. A cúpula de Junts conclúe a súa reunión en Bruxelas sen acordo cos socialistas.
Green Day, primeiro grupo confirmado no festival O Son do Camiño de 2024, que adianta as súas datas e celebrarase do 30 de maio ao 1 de xuño.
Morre aos 84 anos de idade Senén Pousa, que foi alcalde de Beade durante case medio século, entre 1974 e 2023, o que o converteu no rexedor máis lonxevo de Galicia e o derradeiro mandatario municipal que se mantiña no cargo dende a ditadura franquista, réxime sobre o que expresou ata os últimos anos a súa proximidade, recoñecéndose como "franquista" e afirmando que o ditador "fixo cousas boas e malas, como todo o mundo". Nos comicios municipais do pasado mes de maio o PP cambiou o seu candidato en Beade, co que mantivo o goberno local, e Senén Pousa optou por presentarse como independente, obtendo a súa acta de concelleiro.
O DOG publica os dous festivos de carácter local que haberá en 2024 en cada concello galego, e que se suman aos 12 festivos de carácter autonómico ou estatal xa confirmados previamente.