Morre aos 84 anos de idade Senén Pousa, que foi alcalde de Beade durante case medio século, entre 1974 e 2023, o que o converteu no rexedor máis lonxevo de Galicia e o derradeiro mandatario municipal que se mantiña no cargo dende a ditadura franquista, réxime sobre o que expresou ata os últimos anos a súa proximidade, recoñecéndose como "franquista" e afirmando que o ditador "fixo cousas boas e malas, como todo o mundo". Nos comicios municipais do pasado mes de maio o PP cambiou o seu candidato en Beade, co que mantivo o goberno local, e Senén Pousa optou por presentarse como independente, obtendo a súa acta de concelleiro.
