A Xunta eleva a vermella a alerta na costa por temporal. No litoral da Coruña prevé ondas de ata 9 metros e vento de forza 8 e localmente forza 9. No resto do país hai outras alertas de menor intensidade por vento ou choiva.
Fálase
Entran en vigor as novas condicións do servizo de salvamento marítimo con helicópteros da Xunta, que seguirá asumindo a mesma empresa pero con novos aparatos.
Sanidade anuncia a creación de máis de 1.700 prazas estruturais en 2024, cunha partida de 60 millóns. Así o dixo o conselleiro, Julio García Comesaña, que detallou que serán máis de 200 prazas de médico, máis de 700 de enfermería e máis dun cento de celadores.
A Xunta activa para este mércores a alerta laranxa por temporal costeiro e por vento en todo o litoral galego. O vento en terra poderá acadar os 100 quilómetros por hora en toda a provincia da Coruña, na Mariña lucense, centro e montaña de Lugo, na montaña de Ourense e no interior de Pontevedra. Ademais, estará activa a alerta amarela en practicamente toda Galicia por precipitacións acumuladas de máis de 40 milímetros en 12 horas.
Rescatados catro mariñeiros cuxo pesqueiro afundiu fronte a Monte Louro, en Muros, e que lograron poñerse a salvo nunhas rochas. Salvamento Marítimo divulgou un vídeo da operación.
O número tres do PSOE reúnese en Bruxelas con Puigdemont. Santos Cerdán, secretario de Organización dos socialistas, mantivo un encontro co ex-president da Generalitat e líder de Junts.
CCOO esixe que as sete novas residencias de maiores sexan "de xestión pública directa e dotadas de persoal público". O sindicato critica que "estas cuestións non quedaron aseguradas" no acto de entrega á da nova residencia de Santiago.
Abanca acada un beneficio de 429 millóns nos primeiros nove meses do ano, cunha rendibilidade do 13%. A entidade financeira destaca que captou 96.000 novos clientes en España e Portugal ata setembro.
Esta próxima madrugada cambia a hora e ás 3:00 do domingo volven ser as 2:00.
Besteiro apela a traballar "para que Galicia acade a súa mellor versión" nunha intervención extraordinaria no comité federal do PSOE, que o ratificou este sábado como candidato á presidencia da Xunta. Pedro Sánchez asegurou que o seu compañeiro "será o próximo presidente da Xunta".