A Xunta activa para este mércores a alerta laranxa por temporal costeiro e por vento en todo o litoral galego. O vento en terra poderá acadar os 100 quilómetros por hora en toda a provincia da Coruña, na Mariña lucense, centro e montaña de Lugo, na montaña de Ourense e no interior de Pontevedra. Ademais, estará activa a alerta amarela en practicamente toda Galicia por precipitacións acumuladas de máis de 40 milímetros en 12 horas.
Fálase
Rescatados catro mariñeiros cuxo pesqueiro afundiu fronte a Monte Louro, en Muros, e que lograron poñerse a salvo nunhas rochas. Salvamento Marítimo divulgou un vídeo da operación.
O número tres do PSOE reúnese en Bruxelas con Puigdemont. Santos Cerdán, secretario de Organización dos socialistas, mantivo un encontro co ex-president da Generalitat e líder de Junts.
CCOO esixe que as sete novas residencias de maiores sexan "de xestión pública directa e dotadas de persoal público". O sindicato critica que "estas cuestións non quedaron aseguradas" no acto de entrega á da nova residencia de Santiago.
Abanca acada un beneficio de 429 millóns nos primeiros nove meses do ano, cunha rendibilidade do 13%. A entidade financeira destaca que captou 96.000 novos clientes en España e Portugal ata setembro.
Esta próxima madrugada cambia a hora e ás 3:00 do domingo volven ser as 2:00.
Besteiro apela a traballar "para que Galicia acade a súa mellor versión" nunha intervención extraordinaria no comité federal do PSOE, que o ratificou este sábado como candidato á presidencia da Xunta. Pedro Sánchez asegurou que o seu compañeiro "será o próximo presidente da Xunta".
O BNG pon en marcha as primarias que presumiblemente ratificarán a Ana Pontón como candidata á presidencia da Xunta. O proceso iníciase este martes coa recollida de avais, a militancia pronunciarase en asembleas comarcais entre o 14 e o 19 de novembro e o 25 de novembro culminará o proceso coa proclamación por parte do Consello Nacional.
Numerosos medios de comunicación dan conta de que os ataques de Israel contra Gaza recrúan, con intensos bombardeos desde a tarde deste venres, cando a asemblea xeral da ONU pediu unha tregua humanitaria inmediata. [Foto: ONU/Evan Schneider]
Rueda evita tanto respaldar ao secretario xeral da ONU ante as críticas de Israel como pedir a creación dun estado palestino demandada en 2014 tamén polo PP. Preguntado por esas dúas cuestións tras o Consello da Xunta deste xoves, o presidente remítese ás resolucións aprobadas polo Parlamento de Galicia de condena xeral do terrorismo, por unha banda, e de condena só dos atentados de Hamas por outra.