Esta próxima madrugada cambia a hora e ás 3:00 do domingo volven ser as 2:00.
Fálase
Besteiro apela a traballar "para que Galicia acade a súa mellor versión" nunha intervención extraordinaria no comité federal do PSOE, que o ratificou este sábado como candidato á presidencia da Xunta. Pedro Sánchez asegurou que o seu compañeiro "será o próximo presidente da Xunta".
O BNG pon en marcha as primarias que presumiblemente ratificarán a Ana Pontón como candidata á presidencia da Xunta. O proceso iníciase este martes coa recollida de avais, a militancia pronunciarase en asembleas comarcais entre o 14 e o 19 de novembro e o 25 de novembro culminará o proceso coa proclamación por parte do Consello Nacional.
Numerosos medios de comunicación dan conta de que os ataques de Israel contra Gaza recrúan, con intensos bombardeos desde a tarde deste venres, cando a asemblea xeral da ONU pediu unha tregua humanitaria inmediata. [Foto: ONU/Evan Schneider]
Rueda evita tanto respaldar ao secretario xeral da ONU ante as críticas de Israel como pedir a creación dun estado palestino demandada en 2014 tamén polo PP. Preguntado por esas dúas cuestións tras o Consello da Xunta deste xoves, o presidente remítese ás resolucións aprobadas polo Parlamento de Galicia de condena xeral do terrorismo, por unha banda, e de condena só dos atentados de Hamas por outra.
Manuel Baltar presentará a súa dimisión este venres como presidente do Partido Popular en Ourense para dar paso a una xestora á fronte da formación, que estaría presidida por Luís Menor, presidente da Deputación, segundo confirman fontes populares
Israel veta o persoal da ONU e pide a dimisión do seu secretario xeral, António Guterres, tras contextualizar este os ataques de Hamas cos "56 anos de ocupación asfixiante" dos territorios palestinos. Guterres salienta que as queixas palestinas non poden xustificar os ataques de Hamas e que estes non poden xustificar o "castigo colectivo" do pobo palestino. [Foto: @antonioguterres]
Morre o empresario naval vigués Fernando Fernández-Tapias, asentado en Madrid e cuxa confederación de empresarios presidiu de 1985 a 2002. Tamén era vicepresidente do Real Madrid e tío da actual líder do PP vigués, Marta Fernández-Tapias. [Foto: La Moncloa]
Riazor será a sede galega para o Mundial de fútbol de 2030, segundo adianta o diario Marca. O CSD advertira que a Federación Española de Fútbol tería que elixir entre Vigo e A Coruña como unha das sedes para a Copa do Mundo que se celebrará en España, Portugal e Marrocos.
A familia Franco deberá abrir desde xa catro días ao mes a Casa Cornide da Coruña. A declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) é firme logo de que finalizase o prazo para interpor recursos contra o acordo do Consello da Xunta.