O paro rexistrado aumentou en Galicia en 2.705 persoas en outubro, pero é un 7,2% menos que o rexistrado hai un ano. Máis información ao longo do día.
Fálase
BNG e PSOE pechan un principio de acordo para a investidura de Sánchez que inclúe novas rebaixas de peaxes na AP-9 e tamén na AP-53. O pacto deberá ser ratificado este venres pola executiva do Bloque.
PSOE e ERC pechan a investidura, que implica unha lei de amnistía ou o traspaso completo de Rodalies. A cúpula de Junts conclúe a súa reunión en Bruxelas sen acordo cos socialistas.
Green Day, primeiro grupo confirmado no festival O Son do Camiño de 2024, que adianta as súas datas e celebrarase do 30 de maio ao 1 de xuño.
Morre aos 84 anos de idade Senén Pousa, que foi alcalde de Beade durante case medio século, entre 1974 e 2023, o que o converteu no rexedor máis lonxevo de Galicia e o derradeiro mandatario municipal que se mantiña no cargo dende a ditadura franquista, réxime sobre o que expresou ata os últimos anos a súa proximidade, recoñecéndose como "franquista" e afirmando que o ditador "fixo cousas boas e malas, como todo o mundo". Nos comicios municipais do pasado mes de maio o PP cambiou o seu candidato en Beade, co que mantivo o goberno local, e Senén Pousa optou por presentarse como independente, obtendo a súa acta de concelleiro.
O DOG publica os dous festivos de carácter local que haberá en 2024 en cada concello galego, e que se suman aos 12 festivos de carácter autonómico ou estatal xa confirmados previamente.
Morre con 83 anos a pintora Aurora Pereira, muller de Xosé Manuel Beiras. Filla dun mestre represaliado, foi discípula de Carlos Maside. [Imaxe: C.C. Marcos Valcárcel]
A Xunta eleva a vermella a alerta na costa por temporal. No litoral da Coruña prevé ondas de ata 9 metros e vento de forza 8 e localmente forza 9. No resto do país hai outras alertas de menor intensidade por vento ou choiva.
Entran en vigor as novas condicións do servizo de salvamento marítimo con helicópteros da Xunta, que seguirá asumindo a mesma empresa pero con novos aparatos.
Sanidade anuncia a creación de máis de 1.700 prazas estruturais en 2024, cunha partida de 60 millóns. Así o dixo o conselleiro, Julio García Comesaña, que detallou que serán máis de 200 prazas de médico, máis de 700 de enfermería e máis dun cento de celadores.