Decenas de persoas concentráronse este sábado en Madrid en defensa de Millán Astray e en contra da decisión do Goberno municipal de cambiar o nome da rúa que aínda homenaxeaba o xeneral franquista.
Fálase
Pedro Sánchez afirma en Barcelona que "o PSOE debe tentar formar un goberno de progreso, de ampla base parlamentaria", confirmando que buscará o apoio de Podemos e Ciudadanos para ser investido presidente.
ElDiario describe a guerra sucia impulsada por Esperanza Aguirre nas redes sociais para desprestixiar á Marea Verde, a través de trolls e perfís falsos. Unha estratexia deseñada e executada por empresas que forman parte da trama da Púnica.
Jeremy Corbyn, reelixido líder do Partido Laborista británico, vencendo por unha ampla marxe ao seu rival nas primarias, o deputado Owen Smith. Corbyn, co apoio das bases dos sindicatos e da militancia máis novam obtivo o 61,8% a pesar de ter en contra á maioría do grupo parlamentario, que apostaba por un xiro ao centro.
Este sábado comeza en Compostela a XXI edición do Festival Internacional Galicreques, que chegará ata o 2 de outubro. Un pasarrúas, ao mediodía, dará paso ao espectáculo inaugural, que se celebrará no Teatro Principal a partir das 18 horas. O domingo haberá activiades pola mañá e pola tarde.
Este sábado haberá chuvias pola tarde na costa occidental e pola noite en toda Galicia, para deixar paso ao domingo -xornada electoral- seco, fresco e con alternancia de nubes e claros.
ElDiario analiza a tensión crecente entre Pedro Sánchez e os baróns territoriais do PSOE e sinala que esta crecerá a partir do luns, unha vez que pasen as eleccións galegas e vascas.
Un dos peritos que participou este venres na inspección do tren accidentado no Porriño asegura que o freo do convoi funcionaba ben, e que non se detectou "nada irregular" na vía
Os e as candidatas das principais forzas políticas pasarán a xornada de reflexión coas súas familias e amizades. Alberto Núñez Feijoo dará un paseo por Santiago con Gerardo Fernández Albor. Xoaquín Fernández Leiceaga fará a compra na praza de Abastos compostelá, o mesmo que Ana Pontón. Luís Villares fará unha etapa do Camiño en Sarria e asistirá en Ourense a unha obra de teatro dirixida por Ánxeles Cuña. Finalmente, Cristina Losada tomará un café no Derby compostelán, onde nun comezo a súa axenda ía coincidir coa do líder do PP.
O voto por correo para o 25S aumenta case un 40% a respecto das eleccións galegas de 2012. Xa foron remitidos uns 42.300 sufraxios, segundo informa a empresa postal e recolle Europa Press na súa web.