A Fiscalía alemá apoia a extradición de Puigdemont a España por delitos de rebelión e malversación.

A Fiscalía alemá apoia a extradición de Puigdemont a España por delitos de rebelión e malversación.
As inscricións nas oficinas de emprego caeron en Galicia ata as 185.103 en marzo, 3.104 menos que un mes antes e 24.953 menos que en marzo de 2017. No mesmo mes as afiliacións á Seguridade Social incrementouse en 6.395 con relación ao mes anterior e chegan ás 984.884 persoas, unhas 25.751 máis que un ano antes. Consulta aquí a toda a información.
O PSOE promove a ilegalización da Fundación Francisco Franco. A iniciativa dos socialistas súmase ás reclamacións no mesmo sentido que xa formularon nos últimos anos outras formacións como En Marea ou o BNG, así como numerosas entidades a prol da memoria histórica e na defensa das vítimas da ditadura.
Continúan este luns na Coruña os traballos de busca da moza de 22 anos desaparecida na contorna de Riazor o pasado día 30. No dispositivo participan efectivos municipais, de Salvamento Marítimo e da Cruz Vermella.
A estación espacial chinesa Tiangong-1 descontrolada dende hai meses, caeu finalmente sobre o océano Pacífico, tal e como confirmou a Axencia Espacial Europea. Durante as últimas semanas diversas publicacións especularan coa posibilidade de que a nave impactase en zonas habitadas e mesmo con que o fixese sobre Galicia, aínda que a propia ESA advertira de que era practicamente imposible.
Martiño Noriega critica a "mala xestión" de En Marea no caso de Paula Quinteiro, logo de que o grupo parlamentario acordara non pedir a súa dimisión despois de que si o fixese a formación. Fíxoo nunha entrevista en Radio Galicia.
Un manifesto pola liberdade dos presos políticos cataláns une a políticos do BE, PS, PSD, CDU e PAN en Portugal. O texto critica o "desnorte punitivo" do Tribunal Supremo e pide que "acabem de uma vez por todas práticas políticas e judiciais incompatíveis com o respeito dos direitos cívicos e políticos dos cidadãos catalães".
Ciudadanos gañaría as eleccións xerais e superaría o PP. Asuma da dereita sumaría o 50% dos votos, segundo unha enquisa de Sigma Dos para El Mundo. Populares, C's e PSOE alcanzarían o 70% de apoio.
O conselleiro de Sanidade defende os contratos por días no Sergas: "Hai que pasar por esa fase inestable para lograr praza". "É o que hai", di Vázquez Almuíña nunha entrevista no Faro de Vigo sobre a situación de precariedade dos profesionais sanitarios en Galicia.
Falece unha moza en Ribadeo ao caerlle unha pedra na cabeza na praia das Catedrais. A rapaza visitaba unha das covas do areal da Mariña.