Os transportistas afectados polo peche da central térmica de Endesa retoman o peche no Concello das Pontes para reclamar unha "transición enerxética xusta" logo de que a empresa confirmase a súa intención de desmantelar a instalación en 18 meses.
Fálase
O Parlamento Europeo recoñece como eurodiputado a Oriol Junqueras fronte á resolución contraria da Xunta Electoral Central. A Eurocámara informa de que na sesión ordinaria do vindeiro 13 de xaneiro espera que tomen posesión do seu escano Junqueras, Puigdemont e Comín. O Tribunal Supremo debe aínda decidir sobre a resolución da XEC
O Gordo do Sorteo do Neno (57342) cae nunha vintena de localidades, entre elas Taragoña (Rianxo), cuxa administración repartiu uns dous millóns de euros do premio. Unha parte do segundo (21816) vendeuse así mesmo en Nigrán
Irán anuncia que, en resposta ao asasinato do xeneral Qasem Solemaini, xa non cumprirá cos límites do acordo nuclear de 2015, eliminando así as restricións sobre a produción e enriquecemento de uranio. Teherán esixe que Estados Unidos levante as sancións impostas na súa contra. Asi mesmo, o Parlamento de Irak pide que as tropas estadounidenses e doutros países abandonen definitivamente o seu territorio.
O sociólogo Manuel Castells será ministro de Universidades e o líder de IU Alberto Garzón ocupará a carteira de Consumo, con competencias sobre o xogo e as casas de apostas. Os seus nomes únense aos dos restantes integrantes da parte do Goberno propostos por Unidos Podemos: Pablo Iglesias (vicepresidente de Asuntos Sociais), Irene Montero (ministra de Igualdade) e Yolanda Díaz (ministra de Traballo). O PSOE aínda non anunciou todos os seus ministros ou ministras, pero xa é seguro que continuarán Carmen Calvo, Nadia Calviño, José Luis Ábalos, Fernando Grande-Marlaska, María Jesús Montero ou Teresa Ribera.
Vén de rematar a primeira votación da investidura. Como estaba previsto, Pedro Sánchez non acadou a maioría absoluta necesaria para ser elixido Presidente. Na segunda votación, que se celebrará este martes, só necesitará unha maioría simple, como a acadada este domingo (166 votos a favor, 165 en contra). Ana Oramas (Coalición Canaria) votou finalmente non, en contra do decidido polo seu partido
Xa está en marcha a segunda xornada do debate de investidura. Despois das intervencións dos grupos que non o fixeron o sábado, chegará a votación, na que Pedro Sánchez necesita obter maioría absoluta para ser elixido. Podes seguir aquí en vivo o debate.
Quim Torra destaca no Parlamento catalán que só esta cámara o pode inhabilitar e anuncia que utilizará todos os mecanismos posibles para defenderse. O presidente da Generalitat pide o voto dos deputados e deputadas para defender a institución chama á desobediencia ante "os ataques á democracia". JxCat, ERC e CUP pactan unha resolución de condena á actuación da Xunta Electoral Central
Néstor Rego (BNG) destaca que o Bloque "puxo sobre a mesa a axenda galega" e reclama que Pedro Sánchez "cumpra os seus compromisos". Advirte que a pesar do seu voto favorable, "o seu Goberno non é o noso Goberno". Rego iniciou a súa intervención en galego: "Quero que as miñas primeiras palabras sexan na miña lingua, na lingua do meu pobo"
Na súa intervención no debate de investidura, Antón Gómez-Reino (Galicia en Común) destaca que "Galicia estará presente no Goberno", salientando o contido do programa acordado entre o PSOE e Unidas Podemos, como a devolución do Pazo de Meirás ou as medidas para a industria electrointensiva. O deputado rematou o seu discurso sinalando que "este é un primeiro paso, o segundo chegará en outono co cambio de Goberno en Galicia"