O BNG propón que o FROB lle doe á Xunta a colección artística das antigas caixas para así garantir que non é vendida xunto con Novagalicia Banco e que pasa a formar parte do patrimonio público galego.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52728b916b29e-rdp-1.jpg)
O BNG propón que o FROB lle doe á Xunta a colección artística das antigas caixas para así garantir que non é vendida xunto con Novagalicia Banco e que pasa a formar parte do patrimonio público galego.
Disturbios e varios feridos nas protestas en Italia contra a austeridade. Ducias de milleiros de persoas saen á rúa convocados polo principal sindicato do país.
Esta tarde preséntase en Barcelona, no marco do In Edit Fast Forward, Screenly, unha plataforma de proxección baixo demanda de filmes en salas, poñendo en contacto público e películas. Créase un evento até chegar a un número mínimo de espectadores, que participan na súa promoción e que poden enriquecelo con actividades paralelas.
Mulleres de Ve-la Luz en folga de fame encadéanse ante o TSXG. Máis información, esta tarde en Praza.
#consellodaxunta Feijóo confirma que as persoas menores de 12 anos non poderán entrar nas touradas. Cúmprese así un acordo parlamentario do ano 2011.
#consellodaxunta A Xunta "avalía" o anteproxecto da Lei de Espectáculos Públicos
Miguelanxo Prado, premio Nacional de Cómic polo seu álbum Ardalén. O galardón do Ministerio de Cultura está dotado con 20.000 euros.
Edgewater ameaza con levar a Xunta aos tribunais se non se lle autoriza a mina en Corcoesto. A empresa advirte de que continuará adiante co proxecto.
A xuíza arquiva o borrado dos ordenadores de Bárcenas sen realizar ningunha dilixencia. Cóntao Infolibre
Crean unha petición en Change.org "polo peche de Change.org", para que "deixen de lucrarse coas túas esperanzas". Leva xa máis de 1.000 sinaturas.