O ministro de Educación di no Senado que as autonomías se recoñeceron "incapaces" de manter o ensino público. En RTVE.
O ministro de Educación di no Senado que as autonomías se recoñeceron "incapaces" de manter o ensino público. En RTVE.
A esta hora a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público celebra concentracións en quince localidades do país. Na imaxe, a protesta de Santiago (foto: @SaletaGZ)
Antón Reixa, novo presidente da SGAE. En La Información.
Remata a xornada de peches nos centros dependentes da Consellaría de Traballo. Traballadores das residencias de maiores, centros de menores, escolas infantís e outros centros da provincia da Coruña realizaron unha xornada de loita o luns que concluíu cun peche que rematou hoxe á mañá. Imaxe da CIG.
Arxentina sanciona a Telefónica con 32 millóns de euros logo dunha avaría no pasado mes de abril que afectou a 16 millóns de usuarios de teléfonos móbiles.
Deportes. A galega Vanessa Veiga correrá a maratón dos Xogos Olímpicos de Londres tras ser elixida pola selección española. Outra galega, Alessandra Aguilar, terá que agardar a que remate a súa sanción para ser seleccionada.
O BNG denuncia que a Mesa do Congreso vén de "censurar" parte das preguntas presentadas por Francisco Jorquera sobre a viaxe do rei a Botsuana
O rescate de Bankia podería esgotar os recursos públicos de 10.000 millóns do FROB.
O pleno do Senado rexeita unha iniciativa de UPyD para retirar o servizo de tradución simultéana e, polo tanto, o uso das linguas cooficiais nas sesións nas que poden ser empregadas. En La Información.
Mañá a axenda oficial do presidente da Xunta inclúe un encontro co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.