Deportes. A galega Vanessa Veiga correrá a maratón dos Xogos Olímpicos de Londres tras ser elixida pola selección española. Outra galega, Alessandra Aguilar, terá que agardar a que remate a súa sanción para ser seleccionada.
Fálase
O BNG denuncia que a Mesa do Congreso vén de "censurar" parte das preguntas presentadas por Francisco Jorquera sobre a viaxe do rei a Botsuana
O rescate de Bankia podería esgotar os recursos públicos de 10.000 millóns do FROB.
O pleno do Senado rexeita unha iniciativa de UPyD para retirar o servizo de tradución simultéana e, polo tanto, o uso das linguas cooficiais nas sesións nas que poden ser empregadas. En La Información.
Mañá a axenda oficial do presidente da Xunta inclúe un encontro co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.
Morre aos 83 anos Maurice Sendak, autor de Onde viven os monstros, entre outras obras.
A Real Academia Galega pide á Xunta que tome en serio o seu financiamento e advirte que coa súa partida orzamentaria non poderán abrir o arquivo, a biblioteca nin o museo. Ademais, o presidente da entidade, Méndez Ferrín, tamén cualificou de "ofensa" que as academias vascas e cataláns reciban máis subvención que a galega.
A UE considera ilegais as subvencións outorgadas nos últimos anos pola Generalitat Valenciana aos estudios cinematográficos da Cidade da Luz de Alacante. Obriga ao complexo a devolver 256 millóns de euros á administración.
Os impulsores do movemento de insubmisión fiscal en Catalunya anuncian que, ademais do IVE, a partir de agora ingresarán tamén o IRPF e o imposto de sucesións na Axencia Tributaria Catalá. Ademais, valoran a posibilidade de presentarse ás eleccións á marxe dos partidos políticos.
O escritor e profesor da Facultade de Humanidades de Lugo Claudio Rodríguez Fer foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Alta Bretaña en Rennes