“Atenção. Tudo é perigoso. Tudo é divino maravilhoso. Atenção para o refrão: É preciso estar atento e forte, não temos tempo de temer a morte”. Caetano Veloso divulga unha lista de históricas cancións protesta brasileiras para facer fronte a Bolsonaro.
Fálase
VÍDEO | O artista galego Enrique Tenreiro pinta a frase "por la libertad" sobre a lápida de Franco no Valle de los Caídos. "É o meu gran de area para aliviar a dor dos perdedores dunha guerra civil que non debeu producirse", afirma.
A Audiencia de Ourense condena o BBVA, o Banco Santander e a súa filial Open Bank como responsables civís subsidiarios dunha estafa "polas súas escasas medidas de seguridade". Segundo o tribunal, esta carencia de medidas favoreceu que un home roubase cartos do seu tío avó, que vivía no estranxeiro, mediante compras por internet, retiradas de efectivo e transferencias. O BBVA ten que indemnizalo con 61.696’10 euros, o Santander con 29.764’03 e Open Bank, con 13.660’64 euros
O Ministerio de Sanidade prohibe a venda de milleiros de produtos homeopáticos no marco do proceso que determinará se 2.008 destes preparados poden ser ou non comercializados.
O XXIV Premio San Clemente Rosalía Abanca vai para Marcos Calveiro (por O xardineiro dos ingleses), Pedro Mairal (La uruguaya) e Han Kang (A vexetariana) nas categorías de lingua galega, castelá e estranxeira. O xurado estivo formado por alumnado de varios institutos.
A UE contradí á Xunta e nega que estean perdidos os fondos comunitarios para construír a estación intermodal da Coruña porque hai marxe ata 2023. É unha información de La Opinión de A Coruña
O temporal de chuvia e neve mantén unhas 750 vivendas e locais sen luz na Fonsagrada, Meira e Muras. Segundo informa Viesgo -compañía que presta os servizos da antiga Barras Eléctricas-, "máis de 120 persoas" traballan para afrontar as avarías. Os operarios que reparan as liñas e instalan electróxenos móbiles están a "atopar dificultades para avanzar" e mesmo están a ter que empregar "motos de neve" para traballar, afirma a compañía. Na imaxe, equipos da Deputación de Lugo a retirar neve.
Francisco Vázquez participará nunha conferencia-coloquio organizada por Ciudadanos o vindeiro 6 de novembro na Coruña. Albert Rivera destaca que o ex-alcalde socialista "é constitucionalista e ségueo sendo a pesar do sanchismo". "Sería bo que o PSOE escoitara un pouco máis os seus constitucionalistas; nós si imos facelo", engadiu o líder da formación laranxa.
Angela Merkel non se presentará á reelección en 2021. A chanceler alemá, a dirixente europea con maior peso da última década (está no cargo desde 2005), tampouco repetirá como presidenta da súa formación, a CDU. Merkel visitou Galicia en agosto de 2014, cando Rajoy lle prometeu en persoa manter os recortes.
Fomento fixa no 65% os servizos mínimos nos trens de Media Distancia para a folga convocada este mércores por CGT en Renfe e Adif. Nos trens de longa distancia os servizos mínimos serán do 78%. O sindicato reclama tanto melloras laborais como dos servizos que se prestan á cidadanía.