A ONGD galega Implicadas no Desenvolvemento ten dende esta fin de semana nova imaxe e nova web.
Fálase
Gerardo Crespo tentou facer valer os seus contactos e achegas económicas ao PP cando comezou a ser investigado pola presunta fraude dos cursos de formación. La Opinión de A Coruña repasa a relación do empresario cos conservadores.
O edificio do hospital de Lugo non ten licenza de primeira ocupación, polo que leva funcionando catro anos de maneira ilegal, segundo conta La Voz
A traballadora infectada por ébola xa non ten restos do virus no sangue, segundo avanza laSexta
O Celta empata 1-1 en San Mamés ante o Athletic de Bilbao.
O CD Lugo cae por 1-0 ante o Alavés
O Bloque concorrerá ás municipais coa denominación BNG-Asembleas Abertas. Así o aprobou o Consello Nacional da formación, que decidiu ademais elaborar o programa municipal "a partir das propostas das 154 asembleas abertas celebradas por todo o país" ás que, sinalan, acudiron case 6.000 persoas "das que case o 60% non eran militantes nacionalistas". As persoas que encabecen as candidaturas das cidades "estarán definidas en novembro".
Cerna, corrente interna de Anova, celebrará entre os días 23 e 26 un "referendo telemático" entre a súa militancia para decidir se "abandona Anova" e "dá os pasos para constituírse en partido político".
O PPdeG encoméndalle a coordinación redacción do programa para as municipais a Pedro Puy, como xa fixera en anteriores comicios. Segundo Alfonso Rueda "o PP aplica os seus programas" e "por tanto, teñen que ser realistas, serios e rigorosos".
Pilar Dopazo será a candidata de Compromiso por Galicia á alcaldía de Pontevedra tras ser elixida nas primarias abertas que o partido está a celebrar en diferentes localidades do país. Cóntao Pontevedra Viva