Hugo e Noa sitúanse como os nomes de moda en Galicia, os máis frecuentes ao longo de 2012 segundo os datos publicados polo INE, por diante de Mateo, Martín, Sara e Lucía. En calquera caso, Diego e María Teresa son os nomes máis habituais entre os galegos e galegas, e Rodríguez, López, García, Fernández e González os apelidos máis comúns.
Fálase
#europeas2014 - Axenda de campaña
Francisco Millán: Mitin na Coruña ás 20:30.
José Blanco: Mitin en Compostela ás 20:30.
Ana Miranda: Mitin en Vigo ás 20:00.
Lidia Senra: Mitin na Coruña ás 20:00.
Paulo Carlos López: Miitin en Ourense ás 20:30.O naval ferrolán sae á rúa reclamando máis carga de traballo e denunciando os anuncios "electoralistas" do Goberno central e da Xunta en campaña electoral. Imaxe de @raulsalgado.
O colectivo Carta por la Ciencia, que integra sociedades científicas, reitores, investigadores e sindicatos, pide que “o investimento en I+D civil dos países membros da UE non compute como déficit"
O alcalde de Sestao, do PNV, carga contra os inmigrantes, aos que chama "merda" tras dicir que se asegurará de que "marchen" da súa localidade.
Varias mobilizacións exixen o indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara, condenados a tres anos de cadea por participar en piquetes. Seis cidades acolleron concentracións contra unhas penas "inxustas e desproporcionadas".
As Xuventudes Socialistas difunden un vídeo no que Cañete propón amosar "a ecografía" ás mulleres mentres se practica a interrupcion do embarazo. As mocidades do PSdeG ven acreditado que o machismo do candidato do PP non é só "cuestión dun mal día", senón da súa "ideoloxía".
Irmandade TV, expulsada do xuízo polas protestas na marcha de Galicia Bilingüe "por usar Twitter", segundo explican desde a canle.
Aduanas asegura que Aquagest redactou a documentación do concurso municipal no que o Concello de Punxín lle adxudicou a xestión do servizo de augas, un proceso que está sendo investigado no marco da Pokémon.
A comunidade universitaria da UDC rexeita a proposta do presidente do Consello Social, Antonio Abril, para modificar os mecanismos de xestión, unificando Consello Social e Consello de Goberno, e participando na elección do reitor axentes de fóra do ámbito universitario.