A Denominación de Orixe Rías Baixas celebra este martes a súa primeira presentación en Londres, coa participación de 250 prescriptores anglosaxóns. O pasado ano a D.O. exportou ao Reino Unido 659.746 litros, un 15,8% máis que na campaña anterior.
Fálase
A Audiencia Nacional négalle a nacionalidade española a un discapacitado psíquico de Ecuador por non coñecer a Rajoy nin saber ubicar a Giralda, o que demostra, segundo a sentenza, “un insuficiente grao de integración"
O PP négase no Parlamento a prohibir o uso de cianuro nas explotacións mineiras. A información, hoxe en Praza.
O naval maniféstase en Compostela reclamando carga de traballo. A Policía blinda o Parlamento ante as protestas dos traballadores e antes dun pleno no que se debaterá sobre a situación dos estaleiros. Imaxe de @raulsalgado.
O vindeiro 11 de decembro Richard Stallman impartirá unha conferencia na Facultade de Informática da Coruña sobre “O software libre na ética e na práctica”
Conta atrás para a creación, no parque empresarial de Porto do Molle (Nigrán), dun viveiro de empresas de tecnoloxía aeroespacial. A Zona Franca de Vigo xa logrou o financiamento necesario.
Os recortes orzamentarios ameazan o futuro da investigación do Paleolítico lucense. Os traballos na Cova Eirós permitiron achar nos últimos anos a mostra de de arte rupestre máis antiga do noroeste peninsular, e outros elementos, como agullas ou lanzas decoradas, que levaron á súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC)
Un home de 80 anos de Lugo pode ser desafiuzado da súa casa por NGB por unha débeda de 15.000 euros, segundo denuncia o voceiro de Stop Desahucios na cidade
A plataforma Nunca Máis reactiva a súa web en vésperas das manifestacións do 1 de decembro.
Alumnado de Filosofía da USC péchase na súa facultade para esixir que a materia non perda peso no ensino secundario, tal e como prevé a LOMCE. No seu blog presentan o seu manifesto.