Stop Desafiuzamentos Ferrolterra demanda que o Concello de Ferrol lle facilite unha vivenda de aluguer social a Verónica, unha rapaza casada e cunha filla menor de idade, que nuns días quedarán sen casa. Este xoves concentráronse ante o Concello.
Fálase
O Goberno cambiou a lei para facilitar a venda de tanques que negociaba Corinna. O Goberno aprobou en 2012 un decreto lei para adaptarse ás esixencias do réxime saudí. A amiga do rei era a intermediaria na meirande operación comercial española de venda de armamento
Unhas 4.000 persoas protestaron este xoves en Pontevedra baixo choiva contra os recortes na sanidade.
A banca achegará diñeiro extra para darlle liquidez aos afectados polas preferentes de Novagalicia e Catalunya Banc. Cóntao Europa Press.
O xornalista Borja Terán pregúntase "por que" a web de RTVE está "preparando un especial titulado Abdicación del Rey Juan Carlos?
Vozpopuli analiza o "silencio" que ao seu xuizo mantén La Voz de Galicia sobre a crise de Pescanova e interpreta que ten relación con que o seu presidente, Manuel Fernández de Sousa, é membro do patronato da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Escocia celebrará o seu referendo de autodeterminación o 18 de setembro de 2014. A data vén de ser anunciada polo primeiro ministro escocés Alex Salmond.
Manuel Manquiña recibirá o premio Pedigree do Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio
O PKK declara o alto o fogo con Turquía. Abdalá Ocalan pediulles hoxe aos seus seguidores que deixen as armas para centrarse exclusivamente na loita democrática, nun discurso lido por dous deputados kurdos.
Activistas da PAH ocupan a sede do banco malo. A entrada na sede do Sareb coincide coa absolución de trece persoas que foron xulgadas esta mañá por un peche nunha sucursal do BBVA para paralizar varios desafiuzamentos.