A representación sindical acorda por unanimidade non asinar o ERE de Extel "porque non existen causas". Hoxe concluía o período de consultas.
Fálase
Louzán, citado o 26 deste mes a unha vista previa á apertura de xuízo con xurado por alugar con sobreprezo a un compañeiro de partido como suposto pago de favores políticos. O fiscal pide un ano de cárcere.
O Ajax visita o equipo do Val, en Narón, co que comparte equipación desde hai 40 anos. O histórico club holandés aproveita o partido contra o Celta para estreitar lazos co conxunto de Ferrolterra. Cóntao Ferrol360.
O Constitucional anula a prohibición das touradas en Catalunya alegando que a lei invade competencias do Estado
Diversas mobilizacións contra a Lomce hoxe en Galicia, convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Hai concentracións en numerosos centros de ensino. Toda a información, hoxe en Praza. Foto de @CIGEnsino.
Os 30 quilómetros da A-8 entre Abadín e Mondoñedo afectados pola néboa están pechados desde o luns. As empresas ás que Fomento lles pediu ideas para solucionar o problema aínda están nunha fase inicial de proba de prototipos.
Milleiros de persoas bótanse á rúa na Arxentina contra os asasinatos machistas ao berro de "ni una menos".
#WOMEX16 O concerto inaugural abre a porta do Womex 2016, a feira de músicas do mundo que se celebra ata o día 23 en Santiago
Membros do Goberno de Rajoy dan por feito que De Cospedal será ministra no vindeiro gabinete do PP. Cóntao eldiario.es
O Concello de Lugo non cobrará taxas de auga e lixo a persoas con pensión non contributivas. O goberno local, do PSdeG, vén de aceptar a proposta de Lugonovo no marco da negociación das novas ordenanzas fiscais do municipio.