Garoña abre o camiño para a ampliación da vida do resto de centrais nucleares en España. Almaraz, a máis grande do Estado, soliciará este ano a renovación para seguir prendida á rede.
Fálase
Rajoy ofrécese a Trump para mediar entre os EUA, Europa e América Latina. Abordan nun cuarto de hora temas como o Brexit ou a loita contra o Daesh pero obvian o muro de México.
A Audiencia rexeita o recurso de Julio Fernández Gayoso para saír de prisión. Desbota decidir a liberdade do ex-copresidente de Novacaixagalicia e mais do asesor xurídico Ricardo Pradas, encarcerados o pasado xaneiro.
O documental Cociñando na fin do mundo gaña o XXIII Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico convocado polo Concello de Lalín
O BNG presenta os documentos políticos da súa Asemblea Nacional de marzo coa "aspiración de ser a casa común do nacionalismo". O proceso implica a elaboración duns novos estatutos e unha plan "a cinco anos" denominado 'Estratexia Avanza Galiza', segundo explicaron Goretti Sanmartín e Rubén Cela.
O CIS mantén o PP en cabeza cun nivel idéntico ao das xerais de xuño do pasado ano e lixeiras variacións no resto de grupos
A RAG incorpora ao seu arquivo en liña todos os retratos de Rosalía de Castro que conserva. Con estas incorporacións medra o catálogo de documentos dixitalizados que a Real Academia Galega sumou ao Arquivo Dixital de Galicia.
O Concello de Ferrol pide que os medios públicos reabran as súas delegacións na cidade. Cóntao Ferrol 360
A Agrupación Astronómica Coruñesa insta a UNED a non avalar un curso de astroloxía que prevé na cidade, aínda non aprobado definitivamente. A universidade, subliñan, non debe xogar o seu "prestixio" dando abeiro ás "supersticións".
O Concello de Lugo denuncia a Xunta por executar obras no Camiño de Santiago sen licenza. Cóntao El Progreso. O pasado verán o Foro do Camiño alertara de que Turismo estaba a alterar a traza histórica da ruta xacobea na provincia lucense.