Alcaldes do PP demandan a vítimas das preferentes por desordes públicas. Rexedores de varios concellos denuncian por coacción ou atentado contra a autoridade a varios veciños.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/527372d3431d0-1383249250_558565_1383250018_noticia_normal.jpg)
Alcaldes do PP demandan a vítimas das preferentes por desordes públicas. Rexedores de varios concellos denuncian por coacción ou atentado contra a autoridade a varios veciños.
A gran banca dispara os seus beneficios un 80%. As cinco principais entidades obtiveron un beneficio neto de máis de 7.000 millóns ata setembro.
O BNG propón que o FROB lle doe á Xunta a colección artística das antigas caixas para así garantir que non é vendida xunto con Novagalicia Banco e que pasa a formar parte do patrimonio público galego.
Disturbios e varios feridos nas protestas en Italia contra a austeridade. Ducias de milleiros de persoas saen á rúa convocados polo principal sindicato do país.
Esta tarde preséntase en Barcelona, no marco do In Edit Fast Forward, Screenly, unha plataforma de proxección baixo demanda de filmes en salas, poñendo en contacto público e películas. Créase un evento até chegar a un número mínimo de espectadores, que participan na súa promoción e que poden enriquecelo con actividades paralelas.
Mulleres de Ve-la Luz en folga de fame encadéanse ante o TSXG. Máis información, esta tarde en Praza.
#consellodaxunta Feijóo confirma que as persoas menores de 12 anos non poderán entrar nas touradas. Cúmprese así un acordo parlamentario do ano 2011.
#consellodaxunta A Xunta "avalía" o anteproxecto da Lei de Espectáculos Públicos
Miguelanxo Prado, premio Nacional de Cómic polo seu álbum Ardalén. O galardón do Ministerio de Cultura está dotado con 20.000 euros.
Edgewater ameaza con levar a Xunta aos tribunais se non se lle autoriza a mina en Corcoesto. A empresa advirte de que continuará adiante co proxecto.